--->https://galiciaxa.com/?p=25182 O Concello de Friol adxudica a mellora dos accesos por 170.000 euros - Terrachaxa.com

O Concello de Friol adxudica a mellora dos accesos por 170.000 euros

O Concello de Friol adxudica a mellora dos accesos por 170.000 eurosO Concello de Friol vén de adxudicar o proxecto de Mellora de accesos en Santa Marta, San Cibrao de Arriba, Recarei, Seoane, Abrigueiro e Fondemera, adxudicado á empresa Mantenimiento Forestal MG, S.L., cuxa execución conleva unha inversión de case 170.000 euros.

“É un proxecto de gran importancia para a poboación de Friol, xa que se trata de realizar melloras e mantementos de accesos municipais en varias parroquias. Debido a gran extensión do municipio e a numerosa cantidade de kilómetros de pistas e carreteras que comunican o mesmo, desde o equipo de Gobierno do Concello apostan por seguir invertindo na mellora dos viais municipais, xa que debido a condicións meteorolóxicas adversas que se dan con frecuencia, o tránsito diario e o paso do tempo, fan mella no estado das vías, polo que a circulación normal de vehículos vese dificultada en determinadas zonas”, explica o alcalde, José Ángel Santos.

Acondicionarase o acceso a Abrigueiro en Guimarei, o acceso a San Cibrao desde Condes de Arriba, o acceso á estrada de Palas de Rei e o límite con Ferreira en San Cibrao. Na parroquia de Seoane asfaltarase o acceso a Seoane, como tamén o acceso a Fondemera en Vilafiz. E en Santa Marta o acceso a Acevedo, que pertence a parroquia de Vilalvite.

Trátase dun proxecto de mellora de vías, que se financia con cargo ó Plan Único de Cooperación, no que se levará a cabo limpieza e reapertura de cunetas, reparación de tramos con gravillón de colmatación extendido e compactado, aplicación de riego asfáltico, e decir, una rexeneración completa das vías en donde se actuará.

O alcalde José A. Santos comenta que todas as actuacións a levar a cabo neste proxecto, “que se van empezar a realizar en breve, van facer que os veciños e veciñas do municipio teñan máis fácil a circulación por estas vías, insistimos en levar a cabo este tipo de actuacións, que fan que os desprazamentos de vehículos e maquinaria poidan realizarse sen problemas e intentamos ter en boas condicións toda a rede viaria do municipio para facilitar os accesos á veciñanza de Friol e tamén ás persoas de fóra do municipio que queiran ou precisen vir a Friol, tanto por lecer como por motivos laborais”, engade o alcalde.

Etiquetas