A asociación Penas de Rodas escolle aos gañadores do seu concurso

A Asociación Cultural Penas de Rodas de Outeiro de Rei escolleu aos gañadores do seu concurso de debuxo infantil organizado para alegrar as festas de Nadal.

O certame dispoñía de dúas categorías, unha para nenos e nenas de entre 0 a 6 anos na que venceu Izan Rodríguez, de 4 anos; e outra para os de entre 7 a 12, na que vitoria foi para Teresa Ferreiro, de 8 anos.

Os gañadores recibirán o seu premio por correo.

Etiquetas