En marcha o concurso de fotografía Neve en Muras

O Concello de Muras convoca a primeira edición do concurso de fotografía Neve en Muras, no que todas as persoas que o desexen poden participar ata o vindeiro domingo, 17 de xaneiro.

Os participantes deben publicar nos seus perfís de Facebook imaxes de paisaxe, patrimonio ou da contorna do municipio cubertos de neve, acompañadas do hastag #neveMuras e especificando o lugar no que foron tomadas. As fotografías non poden estar retocadas nin levar filtros. Cada persoa pode concurrir ao concurso cun máximo de dúas instantáneas.

Os gañadores serán escollidos por votación popular mediante a suma de ‘Gústame’ nas imaxes previamente seleccionadas que se subirán ao muro de Facebook do Concello de Muras, xunto aos votos do fotógrafo Marcos López Alonso e de Xaora Fotógrafos.

Os vencedores recibirán cadanseu premio de 100 euros en vales para gastar nos locais e establecementos do municipio.

Etiquetas