O sábado colocaranse en Guitiriz os poemas pendurados nas farolas

O próximo sábado, 16 de xaneiro, a partir das 17:00 horas comezarán a colocarse nas farolas de Guitiriz os casi 100 poemas doutros tantos poetas que este ano irán adicados ao covid-19 denctro do certame Poemas Pendurados de Farolas.

Varios poetas da NPG Nova Poesia Guitirica iniciarán a colocación de poemas dende a praza da Igrexa por toda a localidade.

Os poemas poderán leerse a pé de rúa até o 20 de febreiro nun Guitiriz convertido nun poemario colectivo xigante no que cada farola tornará unha páxina diferente cunha temática única: a pandemia do coronavirus.

Esta será a cuarta edición de #PoemasPenduradosdeFarolas que nas edicións anteriores estiveron adicadas á violencia machista, á vaga de lumes e aos recortes de liberdades fundamentais.

“A poesía ao servizo da sociedade e inmersa en asuntos de actualidade, achegada á xente da rúa e con mensaxes comprometidas é outra actividade máis da poesía guitirica que vai camiño dos seis anos de existencia”, explican nas bases.

Guitiriz voltará dende o sábado a ser o centro da poesía luguesa nas súas rúas con versos adicados á histórica pandemia que estamos a padecer.

A NPG ten tamén aberto o período de envío de micro poemas do V Certame VILARIÑAS até o 31 de de xaneiro. Os micro poemas de máximo 3 versos acompañados de imaxe poden enviarse aos correos dosvilares@gmail.com ou noggazeta@gmail.com.

Etiquetas