Suspenden durante tres meses a celebración da feira en Bretoña
A localidade de Bretoña non poderá celebrar durante tres meses a súa feira mensual debido ao impacto da covid-19 na localidade debido a un gromo importante na residencia de maiores.
Esta cita, que ten reservado no calendario o segundo sábado de mes xa non tivo lugar este mes de xaneiro e mentres non se logre controlar a situación na zona non poderá volver abrirse, tal e como aconsellaron as autoridades sanitarias.
A asociación veciña de Bretoña, organizadora da feira, asegurou que volverá convocarse en canto as autoridades sanitarias o permitan.
No Concello suspendéronse todas as citas ata que remita a situación.