Vilapedre premia as casas mellor adornadas

Vilapedre premia as casas mellor adornadasO xurado composto pola directiva da Asociación de Veciños de Vilapedre fixo público o resultado do concurso de decoración de nadal e que se realizou a través das súas redes sociais.

Nun primeiro momento decidiu por unanimidade puntuar cun 10 a todos os participantes, pola ilusión amosada e “pola colaboración para conseguir que Vilapedre volvese a brillar un ano máis polo Nadal”.

O gañador do concurso foi Casa Alfonso, que recibiu 478 votos e 25  puntos. O segundo lugar foi para Casa Pedriñas,  con 422 votos  e 20 puntos. A continuación foron clasificados Casa Divino, con 75 votos e 15 puntos; Casa Edelmira, con 66 votos e 10 puntos e Casa Nidito, con 40 votos e 5 puntos.

Os premios serán entregados a domicilio a todos os participantes e tamén haberá un agasallo a todos os veciños que adornaron o exterior dos seus fogares.

Etiquetas