A covid ofrece un respiro na Pastoriza mentres na provincia aumenta a incidencia

Mentres continúa o proceso de vacinación, a situación epidemiolóxica na provincia de Lugo continúa a alza, aínda que de forma máis lenta que nos últimos días. Deste modo temos hoxe 810 caso activos, 32 máis nas últimas 24 horas ata chegar a 778 (onte foron 27), xa que nas últimas horas rexistráronse 38 contaxios novos (onte foron 50) mentres que as altas chegan ás 6.815, 13 máis que o venres (o día anterior foron 29). Deste todos os xeitos ralentízase o ritmo de contaxios e de casos activos, unha tendencia que xa asomaba na xornada de onte.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 7.777 casos rexistrados e 148 persoas falecidas, aínda que o número de persoas é maior xa que varios veciños morreron en hospitais doutras áreas. De feito, dous reisdencias do asilo de Ribadeo que foran trasladados a Santiago, morreron no día de onte.

E é que a presión hospitalaria volve subir. Sae un dos pacientes da UCI do Hula, polo que quedan dous, e rexistran catro hospitalizacións máis en planta con 8 no Hula (3 máis), 13 no Hospital da Mariña (un máis) e 4 no Hospital de Monforte (un máis).

Na comarca, un respiro para A Pastoriza que mantén estable o seu número de contaxios en 65 condicionados polo gromo na centro de maiores de Bretoña. Vilalba volve sumar un novo positivo e xa son 43. Por primeira vez en moitas semanas o Concello de Muras sobe aos 10 casos.

No resto de concellos a situación está controlada e mesmo en Begonte e Pol non tiveron casos novos esta quincena. A veciña As Pontes tamén segue por debaixo dos dez casos en quince días. Na mesma situación está Xermade, tras controlar o gromo detectado durante o Nadal.

No resto da provincia a situación segue crítica en Viveiro, que ten xa 179 casos novos e en Xove, con 101. Tamén mírase con preocupación a situación en Burela e Cervo. En Chantada e Monforte están tamén estabilizados en 18 e 23 casos, respectivamente, e Lugo sobe ata 113.

Etiquetas