Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O CD Castro presenta a súa nova equipación

Por 12 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O CD Castro presenta a súa nova equipaciónO CD Castro aproveitou o novo ano para presentar a súa novas equipacións para a tempada e nas que o vermello segue a ser o color preponderante.

A presentación realizouse no campo local por parte de todos os grupos de idade que están no club. Ademais, este ano será a celebración dos 40 anos de existencia dos equipos do Castro.

O club aínda non saberá se poderá levar aos seus xogadores á competición xa que a Federación Galega de Fútbol aínda non confirmou se haberá competición este ano na categoría Autonómica xa que non hai equipos suficientes apuntados e moitos dos clubs manifestaron a súa intención de non competir por motivos sanitarios.

Do mesmo xeito tampouco é aínda seguro que se celebren as competicións provinciais de fútbol base, nas que están os equipos dos menores de idade do club.