O FSF Castro repartiu roupa e agasallos recollidos o mes de decembro

O FSF Castro repartiu roupa e agasallos recollidos o mes de decembro O FSF Castro repartiu roupa e agasallos recollidos o mes de decembroUn ano máis o club de fútbol sala feminino FSF Castro, de Castro de Rei, volveu se un exemplo de solidariedade e rematou o tempo de Nadal co reparto de lotes de alimentos, xoguetes e roupa ás familias deste municipio chairego que se atopan en situación de risco de exclusión social.

A entidade deportiva iniciou a recollida un mes atrás, tal e como fai dende hai cinco anos, aínda que nesta ocasión co obxectivo máis forte debido á crise sanitaria actual, que está a causar unha forte crise económica. Se antes eran só agasallos, nesta ocasión tamén recolleron roupa.

E como en tempos así a xente aínda é máis solidaria, as doazóns foron maiores nesta ocasión.

Trala recollida, veu o traballo de desinfectar, limpar e envolver para posteriormente repartir as cousas entre as familias necesitadas. E nesta labor participaron todos os membros do club e mesmo os familiares, xa que o labor do club non é só deportiva, vai moito máis aló.

De feito, ata o patrocinador do club Bloques Cando sumouse á iniciativa aportando a furgoneta onde se repartiron os agasallos mentres as propias xogadoras fixeron de paxes.

Etiquetas