Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A situación empeora na provincia coa alerta na Pastoriza, Vilalba e Muras

Por 13 Xaneiro, 2021Sin comentarios

A situación epidemiolóxica na provincia de Lugo empeora de forma alarmante nas últimas 24 horas ao acadar os 890  casos activos, 80 máis que nas últimas 24 horas (onte foron 32), xa que se rexistrron neste tempo 90 contaxios novos (onte foron 38) mentres que as altas chegaron ás 6.838, 23 máis que o martes (o día anterior foron 13). As cifrras ofrecen unha visión da provincia alonxada da idea de control do virus das últimas dúas xornadas.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 7.881 casos rexistrados e 148 persoas falecidas, aínda que o número de persoas é maior xa que varios veciños morreron en hospitais doutras áreas.

E é que a presión hospitalaria volve subir. A UCI do Hula acolle dous pacientes máis, polo que xa son 4 os ingresados, mentres rexistran tres hospitalizacións máis en planta con 9 no Hula, 14 no Hospital da Mariña e 5 no Hospital de Monforte, un máis en cada centro.

COMARCA

Na comarca, o respiro de onte para A Pastoriza desparece ao sumar 8 casos máis e chegar a 73 activos, a maioría no centro de maiores de Bretoña. Vilalba segue estable con 43 e un día máis Muras sobe, agora con 11 casos.

No resto de concellos a situación está controlada e mesmo en Begonte e Pol non tiveron casos novos esta quincena. A veciña As Pontes tamén segue por debaixo dos dez casos en quince días. Na mesma situación está Xermade, tras controlar o gromo detectado durante o Nadal.

No resto da provincia a situación segue crítica en Viveiro e en Xove, aos que se suma Burela, Cervo e agora O Vicedo. En Chantada e Monforte soben en 19 e 31 casos, respectivamente, e Lugo aumenta ata 126. Tamén entra de novo Sarria, con 15.

O comité clínico podería cambiar na xornada de hoxe as restricións para o conxunto de Galicia tras unha reunión e a recomendación de Feijoo de acurtar os horarios da hostalaría, pechando toda ás seis da tarda e que o número de persoas reunidas sexa de catro.