Guitiriz aposta pola accesibilidade coa colocación de 450 pictogramas

Guitiriz aposta pola accesibilidade coa colocación de 450 pictogramasO Concello de Guitiriz apostou pola accesibilidade cognitiva e mergullouse neste proxecto de forma clara e así o demostrar tras implementar uns 450 pictogramas en edificios públicos e establecementos da localidade nunha aposta pola inclusión e a igualdade de oportunidades.

Foi a propia alcaldesa, Marisol Morandeira, a que liderou este proxecto co que se intenta visibilizar, facilitar e incrementar a comprensión e a autonomía das persoas con diversidade funcional.

O Concello de Guitiriz puxo en marcha esta iniciativa en colaboración cos departamentos de orientación dos centros educativos do municipio.

Os pictogramas estarán instalados nas entradas e nas diferentes estancias dos edificios públicos, como entidades municipais, centros educativos ou de saúde, así como en todos os establecementos e negocios que se adheriron, aos que o Concello móstralles o seu agradecemento.

Etiquetas