Retoman as clases no taller de memoria de Guitiriz

O Concello de Guitiriz retoma o obradoiro de memoria e estimulación cognitiva trala pausa de Nadal. Aínda quedan prazas dispoñibles, polo que todas as persoas que desexen anotarse poderán realizar as súas inscricións no Concello.

Están habilitados tres grupos; dous en Guitiriz, onde as clases serán os martes ás 12.15 horas e os venres ás 11.00 horas; e en Parga, os xoves ás 11.30 horas. No primeira estarán na aula Cemit e na segunda localidade na escola de nenas.

A actividade volverá no primeiro taller o día 19, no segundo o 22 e no terceiro retomarán a actividade o día 14.

Esta é unha actividade gratuíta e está dirixida ás persoas maiores de 50 anos. Existirá a opción de traballo a distancia con recollidas semanais de material no Concello.

Para formalizar a inscripción ou recibir información poden chamar ao 982 370 109.

Etiquetas