A cara escura das visitas en Muras

A cara escura das visitas en MurasAs fermosas estampas que a neve deixou a semana pasada en moitos municipios da provincia atraeu a numerosos visitantes na procura das paisaxes máis espectaculares. Muras foi un dos concellos aos que se achegou bo número de persoas, e non todas se comportaron do xeito máis cívico. Peches rotos, arames arrincados, sinalización esnaquizada ou moreas de lixo no chan son algunhas das situacións que os veciños de Muras foron atopando estes días nas súas terras.

O Concello, en representación do conxunto da veciñanza, amosou o seu pesar polos danos rexistrados, que supuxeron para moitos un gasto ou un traballo extra, tendo mesmo nalgúns casos que cambiar o gando de leira para evitar que escapase.

Desde o Concello de Muras agradecen todas as visitas que recibe o municipio pero fan un chamamento ao civismo. Piden respecto hacia os veciños e que non se acceda a parcelas privadas se non é co expreso consentimento do propietario, xa que do contrario non desbotan iniciar as medidas legais oportunas.

Etiquetas