Traballadores auxiliares de Endesa continúan co seu encerro e cortan a estrada

Traballadores auxiliares de Endesa continúa co seu encerroUn grupo de traballadores das empresas auxiliares de Endesa decidiron volver á senda da protesta e iniciaron unha nova medida de presión e protesta quedándose dentro das instalacións de Endesa despois de finalizar a súa quenda de traballo para pasar a noite.

Neste caso, os traballadores, preto dunha vintena, permaneceron no interior da central ata que lles tocou volver ao seu posto na quenda de mañá, co obxectivo de reclamar unha vez máis “garantías de emprego de futuro para a industria auxiliar” e que se convoquen as mesas sectoriais para abordar as alternativas e unha transición xusta.

Os operarios das auxiliares, continuaron coa súa protesta ao terminar a xornada pero con outros traballadores de relevo.

Segundo indican os sindicatos o peche é “indefinido” ata que Endesa garanta o emprego.

De feito, durante a xornada de hoxe os traballadores cortaron a estrada nun acto reinvidicativo. Segundo explicou Miguel Maesa, responsable sindical do grupo, esperan que ao longo da xornada de hoxe se avance na negociación coa empresa.

COMITÉ DE EMPRESA

Días antes de este encerro, o comité de empresa xa denunciara a situación na térmica das Pontes nun comunicado decindo que “parece seguir neste 2021 o mesmo guion co que cerrón 2020″. O comité de empresa denuncia que Endesa está a realizar un “desmantelamento camuflado onde recentemente a compañía presumía de realizar unha serie de investimentos millonarios no seu central de ciclo combinado para a transición enerxética programada”.

Os traballadores piden solucións inmediatas para manter a actividade, algo que pasa en primeiro lugar por acometer reincorporacións para substituír ás baixas de persoal. Unhas ausencias que se producen en plena vaga de frío, un momento no que a demanda de enerxía é moi alta, o que levou á compañía para poñer en marcha dúas dos seus grupos.

Aseguran dende o comité que se podería chegar a activar un terceiro grupo se levasen a cabo contratacións, pero en lugar diso a “drástica” redución de persoal empeorou o escenario e mesmo provocou que se dean situacións como peticións para a reincorporación “de persoal que estaba de permiso previo á xubilación ou que se incorporaron xa aos novos destinos”.

“Unha vez máis se evidencia a penosa planificación por parte da empresa, que quedou ao descuberto cando os grupos foron reclamados por Rede Eléctrica Española (REE) e agora houbo que declarar indispoñibilidade e que iso nos confirme que o desmantelamento empezou polo capital máis importante, os traballadores”, lamenta o comité de empresa.

Para os traballadores, isto permite ver “a evidente importancia desta central para a garantía a subministración eléctrica ante posibles picos de demanda” e que os traballadores nas Pontes “son imprescindibles e non merecen de ir ao paro ou ser trasladados forzosamente”. De igual maneira, avanzan que estudan a posibilidade de emprender medidas legais.

Etiquetas