Skip to main content
ActualidadeAs PontesSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

O Concello das Pontes acondicionará o parque infantil de Ribadeume

Por 15 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O Concello das Pontes iniciará nas próximas semanas as obras de acondicionamento do parque infantil de Ribadeume, unha actuación que permitirá a mellora do actual pavimento e a renovación dos elementos de xogo.

Entre as principais tarefas que se van a levar a cabo, cun orzamento de 18.150 euros, financiado con fondos municipais, destacan a mellora do chan actual coa extensión dunha nova capa de pavimento continuo, a base de céspede artificial así como a instalación dun novo cerramento do recinto con valado de madeira.

Por outra banda, comprobarase a localización dos elementos de xogo existentes para determinar se cumpren coa normativa vixente en materia de seguridade e procederase a súa ubicación no caso de ser preciso, ademais procederase á reparación dos elementos que se atopan deteriorados, para evitar riscos entre as crianzas, e instalarase un novo elemento de xogo.

Desde o Concello apúntase que “con esta actuación damos resposta a unha demanda da veciñanza e, deste xeito, continuamos traballando na mellora e acondicionamento dos parques infantís e zonas de lecer do municipio”