Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Vilalba e A Pastoriza seguen sumando positivos mentres a provincia chega ao milleiro

Por 15 Xaneiro, 2021Sin comentarios

A provincia de Lugo segue en plena expansión da pandemia tocando xa o milleiro de casos novos que este venres son 992, 47 máis que nas últimas 24 horas (onte foron 55). Rexistráronse neste tempo 75 contaxios novos (onte foron 97) mentres que as altas chegaron ás 6.918, 37 máis que o xoves (o día anterior foron 43). As cifras ofrecen unha visión da provincia en continuo empeoramento.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 8.065 casos rexistrados e 150 persoas falecidas, trala morte dun novo usuario da residencia da Pastoriza.

Ademais, a presión hospitalaria segue a subir aínda que lentamente. A UCI do Hula acolle 3 pacientes e rexistrouse unha hospitalización máis nas zonas de planta, con 13 no Hula (1 máis), 14 no Hospital da Mariña e 5 no Hospital de Monforte.

COMARCA

Na comarca, A Pastoriza continúa ralentizando a súa expansión con dous casos novos máis ata os 80 activos, a maioría no centro de maiores de Bretoña. Vilalba suma tres máis e chega a 48 e un día máis.

A veciña As Pontes sae da zona de seguridade con 12 casos acumulados en quince días, o mesmo que Castro de Rei, que ten 13. No resto de concellos a situación está controlada e mesmo en Begonte e Pol non tiveron casos novos esta quincena.

No resto da provincia a situación segue moi crítica en Viveiro e en Xove. O Vicedo volve saír da zona de tranquilidade mentres o risco se mantén en Burela e Cervo. No sur, un novo gromo por unha festa familiar mantén a atención en Monforte e Sarria, mentres Chantada Lugo manteñen a estabilidade.