Aprazada a presentación de Xurxo Souto na Casa Museo Manuel María
Debido á situación sanitaria, queda aprazado para outra data a presentación na Casa-Museo Manuel María de Pangalaica. Recortes poderosos, libro de Xurxo Souto, editado por Galaxia. Esta estaba prevista para o sábado, ás 19.00 horas.
Son oitenta pequenos relatos ilustrados. As historias e as persoas marabillosas que Xurxo Souto foi atopando nas súas viaxes por Galiza adiante. Petiscos cheos de humor que acaban conformando unha cosmovisión alternativa do país: é mentira a fronteira entre o rural e o urbano. Todas somos da aldea. Vigo e mais A Coruña son a mesma cidade!
Xurxo Souto (A Coruña, 1966). Músico e escritor, en 1988 comezou a colaborar en diferentes medios de comunicación, nomeadamente na radio, onde conduciu os programas A Tropa da Tralla (Radio Coruña) ou Aberto por Reformas (Radio Galega).
Escribiu dúas novelas e varios libros de relatos. Dirixiu a película documental Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo. Con outros compañeiros do barrio creou Os Diplomáticos de Monte-Alto, conxunto bravú. Tocou o acordeón en Tres Trebóns e, agora, é un dos compoñentes da Banda Xangai.
Etiquetas actuacióncasa-museo manuel maríaOuteiro de ReiXurxo Souto