Abre no polígono de Friol unha lavandería industrial

Abre no polígono de Friol unha lavandería industrialO Concello de Friol vén de adxudicar un módulo do viveiro de empresas a unha nova lavandería industrial.

Esta adxudicación foi para a empresa Lavandería Boton, SLU, a cargo de Francisco Carballal Sánchez. Dará servizo de lavandería industrial a empresas de todo o noroeste de España con un volume considerable de prendas téxtiles que precisen limpar, como poden ser restaurantes, hoteis, clínicas, hospitais, cafeterías, residencias, etc.

É un logro de gran importancia conseguir esta nova empresa se decantara por Friol para asentar a súa actividade, sobre todo importante para a poboación de Friol, xa que se trata de materializar o obxectivo de acercar empresas que poidan xerar riqueza e postos de traballo no municipio.

En este caso, e segundo estimacións da propia empresa para contratar man de obra necesaria para desenvolver as actividades serían axudantes, operarios de secadoras e máquinas de pranchar, procesador de lavado e oficial administrativo, en total inicialmente prevén necesarios entorno a 5/6 traballadores.

A nave do viveiro adxudicada en este caso era a única que estaba baleira en estes momentos, xa que as outras tres das que dispón o viveiro de empresas do Concello están sendo empregadas por tres empresas, con esta nova incorporación e sumando dúas novas empresas que nestes momentos están executando as obras das naves onde se van instalar, o polígono empresarial conta con catorce empresas asentadas.

O equipo de Goberno capitaneado polo alcalde José Á. Santos insiste en seguir potenciando o Polígono Industrial e en particular o seu viveiro de empresas xa que “isto supón que novas empresas se acheguen e asenten inicialmente a súa actividade para que logo se consoliden no propio polígono empresarial, con todos os beneficios que isto supón para o municipio, sobre todo, polos postos de traballo que pode xerar para a nosa veciñanza” engade o alcalde.

Etiquetas