Aprazada para abril a actuación de María José Llergo nas Pontes

María José Llergo actúa o 23 nas Pontes

Debido á situación sanitaria e ás novas restricións ditadas pola Xunta de Galicia, concerto que María José Llergo tiña previsto no Auditorio Alovi das Pontes o sábado 23 de xaneiro, cambia de data pasando a celebrarse o 10 de abril de 2021.

Adiantarase a hora de inicio da actuación ás 19:30 horas, co fin de facilitar os desprazamentos aos asistentes.

As entradas adquiridas para a cita serán válidas para a nova data do 10 de abril de 2021.

Cun envoltorio pouco ortodoxo, presenta ao flamenco cambiándoo de vestido, pero non de forma, atravesándonos con el dunha forma salvaxe.

Despois de escoitar o seu primeiro tema Niña de las Dunas queda claro que María José Llergo chegou para removernos coa súa música. Este tema presentación é unha 100% María José Llergo, tanto pola súa forma, xa que foi totalmente do it yourself, como polo fondo, contándonos o mundo a través dos seus ollos, facéndonos visibles as invisibilidades dalgúns colectivos sociais.

Despois duns cuantos singles máis chegou o seu primeiro álbum Sanación (2020). Sete temas onde reflicte o seu proceso de curación emocional, unha homenaxe máis, tamén nos detalles sonoros, ás súas orixes. Voz en primeiro plano flotando sobre un flamenco mántrico e de electrónica atmosférica.

Esta cordobesa logrouse un oco no difícil mundo do flamenco, zarandeando ao panorama musical para contarnos historias, para unir pasado e futuro a golpe de caixón.

As entradas teñen un prezo de 5€ e xa están á venda en www.tickentradas.com, no teléfono 902750754 e no despacho de billetes do auditorio o mesmo sábado 23 de 18:00 horas a 19:45 horas.

Etiquetas