Escollidos os gañadores do Mercado de Nadal de Muimenta

A Asociación de Empresarios de Muimenta idenificou aos gañadores dos premios da XII edición do programa Mercado de Nadal 2019, convocatoria que tivo lugar entre o 9 de decembro e o 5 de xaneiro e que organizou o colectivo empresarial para incentivar as vendas neste tempo de Nadal.

Ao final apareceron 11 premiados dos 18 repartidos, aos que lles corresponderá un vale de cen euros cada un. As papeletas gañadoras foron aquelas nas que coincidiron cos tres últimos números do primeiro da Lotería de Reis que se celebrou o pasado 6 de xaneiro e que recaeu no 19.570.

Ditos vales, deben ser consumidos, coma sempre, nos negocios que pertencentes ao colectivo empresarial, antes do 21 de febreiro.

A entrega de premios será este xoves 21 de xaneiro, ás 20.00 horas no pavillón do recinto feiral Manuel Vila López de Muimenta.

Etiquetas