Skip to main content
ActualidadeAs PontesSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Chollas faise cargo do As Pontes trala destitución de Luis Santiago

Por 18 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Chollas faise cargo do As Pontes trala destitución de Luis SantiagoManuel Losada, Chollas, xa está ao fronte do CD As Pontes con compromiso ata o final da tempada. O técnico nado en Zamora, pero afincado en Galicia desde hai anos, foi o escollido pola dirección deportiva para facerse cargo, no lugar de Luís Santiago –cesado o pasado martes–, que na actualidade ocupa a antepenúltima praza da táboa clasificatoria do subgrupo 1-A de Terceira. O cadro pontés, que cultivou catro derrotas no seu últimos cinco partidos, confía en saír desta mala serie.

Antes de dirixir onte a súa primeira sesión de adestramento co As Pontes, o preparador explicou que “é importante o traballo psicolóxico, que os futbolistas recuperen confianza neles mesmos e facerlles ver que agora se vai a traballar con outra metodoloxía, nin mellor nin peor, e que ese novo enfoque vai traducir en mellora para os xogadores a nivel individual e para o equipo a nivel de resultados”.

No seu debut, Chollas non logrou que o conxunto pontés lograse puntuar e caeu no campo do Arzúa por 2-0.