Continúa o encerro das auxiliares en Endesa cunha concentración de apoio

Continúa o encerro das auxiliares en Endesa cunha concentración de apoioTraballadores das empresas auxiliares de Endesa continúan co seu encerro nas instalacións da factoría das Pontes co obxectivo de reclamar unha vez máis “garantías de emprego de futuro para a industria auxiliar” e que se convoquen as mesas sectoriais para abordar as alternativas e unha transición xusta.

Esta protesta xurdiu de forma no programada cando unha vintena de traballadores decidiron permanecer nas instalacións unha vez rematada a xornada laboral. Así foi durante varias xornadas a pasada semana co cambio continuado de persoal pero ao chegar o venres, recibiron a notificación de que ás instalacións non se podería acceder para o luns. Aínda así, un grupo de traballadores decidiu permanecer nas instalacións de todos os xeitos.

Este retén fixo tamén o domingo unha manifestación da situación que están a vivir secundados por unha serie de traballadores con residencia nas Pontes.

Segundo indicou Miguel Maesa, responsable sindical das empresas auxiliares, a participación de traballadores nesta iniciativa estivo condicionada polo peche perimetral que impide a moitos traballadores doutros concellos limítrofes achegarse ás Pontes fóra da xornada laboral.

Segundo indican os sindicatos o peche é “indefinido” ata que Endesa garanta o emprego.

Etiquetas