O Concello de Abadín inicia o proceso de colocación novos contedores

A empresa adxudicaria está a proceder estes días a colocar as bases para os novos contedores nas diferentes parroquias do termo municipal de Abadín. Estes primeiros días están a traballar en Montouto e Labrada e de aí seguirán ao resto de localidades nas que se colocarán os novos, ata un total de 198 que está previsto colocar. Trátase de contedores de 770 litros que contarán cunha base de formigón de 1,5 por 1 metro e cun suxeita contedores de inox.

O proxecto de cambio de contedores nas parroquias de Abadín está dividido en dúas partidas, unha de 98.571,20 euros financiados a través do Plan Único da Deputación que é o que se está a iniciar estes días nas parroquias de Abadín, Abeledo, A Graña de Vilarente, Aldixe, As Goás, Baroncelle, Candia, Fanoi, Grariás, Galgao, Labrada, Montouto, Quende, Romariz e Seivane. Ten un prazo execución de dous meses.

Tamén hai unha partida do Fondo de Compensación que irá encamiñada á mesma función. Trátase de 49.058 euros irán para a colocación de 67 novos contedores para Castromaior, Cabaneiro, As Goás, Corvite, Moncelos e A Graña, para colocar nun mes.

Como explica o alcalde, José María López Rancaño, “aínda necesitamos outros 150 contedores para finalizar o programa aos que dedicaremos cartos do Plan Único e do Fondo de Compensación deste ano.

Sobre as obras do Plan Único o alcalde avanzou que se licitarán accesos ás fincas e varias obras que se presentarán en breve. Así memos anunciou que os fondos do Agader irán tamén para estradas.

 

Etiquetas