Xermolos recibe unha achega para desenvolver o seu labor cultural

O labor cultural de Xermolos contará este ano cunha achega de 20.000 euros con cargo aos fondos da Deputación Provincial, tal e como se recolle no convenio que firmaron representantes da institución provincial con Alfonso Blanco, fundador e coordinador da asociación.

Ademais do recoñecido Festival de Pardiñas, que o pasado agosto cumpriu 41 edicións, Xermolos mantén un intensa actividade de promoción e divulgación da creación literaria, musical e plástica chairega, mantén espazos culturais propios como a Casa das Artes e a Casa das Palabras e promove diferentes publicacións.

Tamén contribúe de forma decisiva ao coñecemento e recoñecemento da obra de dous dos poetas fundamentais da Terra Chá, Manuel María e Díaz Castro. O impulso de Xermolos logrou que a Real Academia Galega dedicase ao autor de Nimbos o Día das Letras Galegas no 2014.

Etiquetas