O colectivo veciñal de Parga invita a facer a vacinación da covid no seu consultorio

O colectivo Parga non se divide vén de solicitar que se empregue o Centro médico de Parga coma centro de vacinación comarcal para a covid-19.

A asociación veciñal entende que o Centro Médico de Parga cumpre coas condicións para albergar un centro de vacinación comarcal.

Dende a asociación solicitan das diferentes administracións sanitarias que estuden a posibilidade de adicar de xeito temporal o centro médico de Parga, pechado dende marzo do ano pasado, coma centro de vacinación comarcal onde centralizar a vacinación de usuarios e usuarias nun local que cumpre coas condicións hixiénico sanitarias propias de calquera outro centro médico.

“As instalacións están sen uso dende que se declarou a pandemia para centralizar a atención médica en Guitiriz, mais continúan a realizarse as extracións para análises, polo que entendemos que o centro segue a cumprir os estándares sociosanitarios” subraian dende a plataforma. Se se poden extraer mostras de sangue, tamén se poderá vacinar”, insisten.

O colectivo leva demandando dende o final da primeira vaga de covid que se reabra o centro e se manteña a situación de antes de marzo pero aínda non se fixo.

Etiquetas