Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

O Concello de Vilalba organiza un Entroido cun concurso on line

Por 19 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Vilalba convoca o concurso de Entroido 2021 para incentivar a participación veciñal.

Debido á situación sanitaria, nesta ocasión estarán prohibidos os tradicionais desfiles, polo que o Concello opta por este novo formato para manter a tradición. Para participar neste concurso establécense dúas modalidades segundo formato: Vídeo e Fotografía, coas seguintes categorías para infantil, adultos e familiar.

  • Categoría Infantil (individual): ata 12 anos (nados entre o 2009 e 2021)
  • Categoría Adultos (individual): dende os 13 anos. (nados entre o 2008 e anteriores)
  • Categoría Familiar: persoas conviventes, incluíndo parellas.

A modalidade de Fotografía consiste na presentación de fotografías coa temática do Entroido que deberán reunir as seguintes especificacións:

  • Serán realizadas en calquera lugar exterior do Concello de Vilalba.
  • A fotografía deberá ter como denominación o título da proposta do disfrace.
  • A fotografía deberá adxuntarse como arquivo en formato JPG ou PNG (non se acepta formato PDF).

A modalidade de Vídeo consiste na elaboración dun vídeo coa temática do Entroido que deberá reunir as seguintes especificacións

  • Duración máxima de 15 segundos.
  • Poden realizarse en interior ou en exterior
  • Será valido o uso de apps para a gravación ou edición do vídeo.
  • Deberá dárselle ao vídeo un título.

Haberá que facer unha inscrición por cada participación

Para ambas modalidades terase en conta varias limitacións. Unha mesma persoa poderá participar nas dúas modalidades (fotografía e vídeo) e en distintas categorías (infantil e familiar ou adulto e familiar) sempre que non se utilice o mesmo disfrace. Ademais, deben cumprir en ambas modalidades a normativa vixente da COVID-19, no seu defecto será descualificado automaticamente.

O prazo para presentar os vídeos e fotografías e así participar no concurso en calquera das súas modalidades comezará a contar dende a data de publicación das bases ata o 4 de febreiro ás 14:00h. O Concello de Villaba repartirá 1.900 euros en premios e haberá un premio especial por modalidade en Facebook.