Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Vilalba Aberta levará a Pleno as demandas dos comerciantes da rúa Plácido Peña

Por 19 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Vilalba Aberta vén de anunciar que fará súas as reivindicacións dos e das comerciantes da Rúa Plácido Peña, a fin dunha correcta sinalización da, outrora, avenida e na procura de respostas diante da recente solicitude veciñal, en relación coa instalación dun banco ao inicio da súa beirarrúa dereita, baixando dende a rúa da Pravia.

Pola vía dunha iniciativa, a defender na vindeira sesión ordinaria de xaneiro, a formación asemblearia explicará así diante do Pleno as cada vez máis habituais queixas duns comercios que día a día están a sufrir as problemáticas derivadas da total ausencia de sinalización, co que isto supón de elemento de distorsión á hora da chegada de provedores, etc…

En palabras de Mª Xosé Fernández “o Goberno Municipal non se pode permitir o luxo de continuar a senda do Partido Popular, desoíndo as reivindicacións dos negocios dunha das rúas máis céntricas, en tanto que eixo fundamental para a pequena economía da vila, por se tratar dunha localización básica pola súas interconexións.”

Unha opinión compartida polo seu compañeiro Carlos Currás, que valorou moi positivamente a proposta que estes lles fixeron chegar, relativa á instalación dun banco “nunha zona na que sábados, domingos e festivos, as colas chegan a exceder a propia rúa”.

Así mesmo, dende Vilalba Aberta mostráronse especialmente agradecidos cos veciños/as e comerciantes que confiaron na formación, “logo de se atopar unha e outra vez co silencio do goberno, toda vez que, dende o comezo da lexislatura, fixeran patente a súa reclamación.”