Cancelan as concentracións en protesta polo proxecto de unificación dos colexios de Begonte

En protesta pola decisión do Concello de levar ao Pleno o proxecto de unificacións do colexio de Begonte e Baamonde, a comunidade educativa deste último centro estaba chamada este venres a unha nova concentración, nesta ocasións fronte ás dependencias municipais, onde se vai celebrar a sesión. Finalmente houbo que anulala debido á situación sanitaria.

A concentración estaba convocada para o venres 22, ás 11.30 horas. O que si se mantén é a folga escolar durante toda a xornada.

Tamén foi anulada a concentración prevista para o domingo 24, ás 12.00 horas. A marcha tiña previsto partir as 12:00h dende a igrexa de Baamonde, recorrendo a N-VI ata chegar á rotonda coa N-634. Nesta ocasión íase continuar por esta estrada ata a praza para conectar co consultorio médico e volver coller dirección a N-VI; para pechar o circuíto no colexio.

Etiquetas