Xermade prepárase para un entroido on line

O Concello de Xermade celeberará este ano o Entroido pero farano dun xeito totalmente diferente debido á crise sanitaria que atravesa o país. Así, este ano o Entroido será na casa pero haberá concurso de todos os xeitos.

Este ano haberá tres categorías para participar no concurso, unidade de convivencia (que consta dun mínimo de dúas persoas), individual de adultos (para maiores de 16 anos) e infantil (individual ou grupos).

Como no podía ser doutro xeito haberá premios para os tres primeiros clasificados en cada categoría. No de unidade de convivencia irán dende os 200 aos 100 euros, mentres que os adultos recibirán entre 100 e 50 euros. Este será tamén o montante total do pimeiro clasificado en infantil, ao que seguiriá o premio de 30 e de 20 euros.

A inscrición para participar xa está aberta e poderá facerse ata o 15 de febreiro enviando un whatsapp con todos os datos e tres fotos e un vídeo dun máximo de 90 segundo ao teléfono 678 744 178.

Tanto as fotos como os vídeos poderán publicarse nas redes sociais e os participantes deberán estar empadorados en Xermade.

 

Etiquetas