A biblioteca de Outeiro de Rei dá a coñecer os gañadores do concurso infantil de poesía

A biblioteca pública municipal de Outeiro de Rei deu a coñecer os premiados do concurso de poesía infantil Nadal 2020 organizado para dúas categorías.

Entre os máis pequenos, ata 8 anos, os premios foron para Daniel Mera Cambiazo (de 3º de Primaria), Iago Río Pernas (1º de Primaria) e Daniel Picado Sarceda (3º de Primaria).

Tamen se concederon dous accésit a Irene Sotillo Izquierdo (2º de Primaria) e Claudia Carreira Freire (3º de Primaria).

Na categoría de 9 a 11 anos, a gañadora foi Antía López López (6º de Primaria), seguida de Nadia López Darriba (6º de Primaria) e Iván Jesús Río Pernas (4º de Primaria). Tamén se concederon accésit a Nerea Neira Rojo (4º de Primaria) e Iratxe Totoricabuena Rodríguez (5º de Primaria).

Etiquetas