Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Esta fin de semana realizarase o cribado de vilalbeses de entre 20 e 30 anos

Por 22 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Sanidade realizará este sábado en Vilalba un cribado a mil persoas para detectar a presenza de covid-19 entre a poboación máis moza. As probas practicaranse a persoas de entre vinte e trinta anos e terán lugar no campo da feira vilalbesa.

Aplicarase un sistema de nova implantación na área sanitaria de Lugo, xa que as probas serán probas de saliva. As persoas que deban pasar están sendo citadas por SMS e recibirán información sobre a hora á que deben acudir. Na mensaxe tamén se lles explicará como acceder ao campo da feira.

O sábado as persoas están citadas para acudir o sábado, preferiblemente en coche, para recoller o tubo e as instrucións para depositar a mostra de saliva. Ao día seguinte, domingo, están citados de novo para entregalo.

A propagación do coronavirus leva semanas afectando a Vilalba de modo particular: o municipio está entre os do nivel máximo de restricións e non logra dobregar a curva. De feito na última xornada prodúxose un novo incremento de casos tras varias xornadas estabilizado pero sen baixar.