Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Sete Pontes solicita ao Goberno de Vilalba que pida unha axuda para mellorar o polígono

Por 22 Xaneiro, 2021Sin comentarios

A asociación de empresarios Sete Pontes de Vilalba vén de facer unha chamada de atención ao Goberno local para que solicite as axudas en réxime de concorrencia competitiva encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da comunidade autónoma de Galicia.

Segundo lembran, o prazo de presentación remata o 9 de febreiro.

Considera a asociación que estas axudas son imprescindibles xa que “é necesario establecer medidas de apoio á actividade económica a través de proxectos de investimento en materia de infraestruturas de instalacións e de servizos ás empresas”.

Indican que o polígono industrial de Vilalba “presenta diversas carencias e necesita entre outras cousas unha mellora da sinalización vial, tanto horizontal como vertical, acondicionamento de beirarrúas e asfalto, humanización de espazos comúns, sistemas de seguridade e vixilancia, etc”.

Afirman tamén que lles “parece moi importante” que o Concello se adhira a Concellos Doing Business Galicia, “por entre outras vantaxes, a presente orde de axudas prima cunha maior puntuación ás solicitudes presentadas por concellos acollidos a esta iniciativa”.