O Concello de Pol restrinxe a atención ao público nas oficinas

Debido á situación xerada pola expansión do coronavirus na provincia e na comarca, o Concello de Pol decidiu restrinxir a atención ao público no Concello só aos casos de extrema necesidade polo que haberá que solicitar cita previa no teléfono 982 345 029.

A atención polo tanto xeralizarase por medio do teléfono no número citado ou mesmo por correo electrónico. O resto de trámites poderán realizarse a través da sede electrónica, que está operativa 24 horas.

No caso de teren que ter atención persoal deberase usar en todo momento máscara e xel así como manter unha distancia mínima dun metro co persoal que o atenda.

As medidas entran en vigor este luns ata novo aviso.

Etiquetas