Skip to main content
ActualidadeGuitirizSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Aprazan a actividade O Fin do Camiño de Guitiriz pola covid

Por 26 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Guitiriz e a Asociación de Hosteleiros de Guitiriz decidiron aprazar a actividade de trivial O Fin do Camiño debido ás novas restricións da Xunta de Galicia polo aumento da incidencia da covid.

Esta actividade tiña como obxectivo a promoción e difusión entre os veciños e veciñas de Guitiriz o Camiño de Santiago.

Era esta a primeira dentro do programa O teu Xacobeo 2021, que nace á par da exposición que o colectivo Egeria levará a Guitiriz, tiña pensado abrir entre o 26 de xaneiro e o 2 de febreiro. Este certame xiraba sobre o obxectivo que move a unha persoa a percorrer o Camiño, amosando o aspecto espiritual da vía e do camiñante.