Cancelan as feiras e as escolas deportivas de Guitiriz e Parga

Por mor das novas restricións sanitarias anunciadas onte pola Xunta de Galicia, que entrarán en vigor esta medianoite, tanto o mercado dos mércores de Guitiriz coma a Feira de Parga quedan cancelados ata novo aviso.

Á súa vez, quedarán suspendidas todas as actividades deportivas no Concello de Guitiriz, agás o equipo xuvenil de fútbol sala ao participar nunha competición de ámbito nacional.

Desde o Concello de Gutiriz impartiranse clases en liña, totalmente de balde, ao resto de escolas que quedan sen actividades durante o tempo que duren as restricións.

 

Etiquetas