En Vilalba e As Pontes segue aumentando a incidencia da covid

A situación na provincia continúa sendo complicada no relativo ao aumento de contaxios e de ingresos nos hospitais pero as cifras de hoxe faltan dunha contención do crecemento.

De feito, o Sergas certifica hoxe un total de 1.798 casos activos, 67 máis que onte (na xornada anterior foron 65). Rexistráronse neste tempo 91 contaxios novos (onte foron 111) e as altas chegaron ás 7.501, 47 máis que o luns (o día anterior foron 56). Aínda que os datos de contaxios son mellores con respecto á xornada anterior seguen sendo moi altos.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 9.469 casos rexistrados e 162 persoas falecidas contabilizadas na provincia aínda que hai máis que faleceron noutras áreas tras seren trasladados.

Continúa a preocupar a presión hospitalaria, que aumenta un día máis. A UCI do Hula mantense en 15 ingresados, mentres nas plantas suman seis casos máis ata os 57 de hoxe. Hai 29 no hospital de Lugo (3 máis), 19 na Mariña (1 máis) e 8 en Monforte (2 máis).

Nun percorrido pola provincia, a incidencia do virus máis elevada está en Viveiro, Xove e Burela na Mariña; Vilalba na Terra Chá; Lugo, Monforte e Sarria.

POR COMARCAS

A Mariña

A situación na Mariña está en clara melloría nos concellos máis afectados.

  • Viveiro conta hoxe con 213 casos, 15 menos que onte e continúa á baixa.
  • Xove está tamén en retroceso pero hoxe non descende no número de casos, que son 77.
  • Burela tamén baixa dende onte un caso e queda en 51.
  • No Vicedo os positivos do cribado realizado a fin de semana deixan 9 casos máis ata os 35 de hoxe.
  • Cervo, pola contra, aumenta a incidencia a 22, sumando castro positivos.
  • Ribadeo tamén suma dous casos e queda en 24
  • Foz se mantén en 12.
  • Riotorto tamén suma un caso máis e certifica un total de 14.
  • Ourol volve a estar por debaixo de dez e no resto hai polo menos un caso.
  • Só Alfoz non ten casos novos nos últimos quince días.

Terra Chá

Vilalba segue a ser o centro da infección en crecemento mentres a Pastoriza ten superado xa o seu gromo da residencia. Na primeira non se conseguiu superar aínda o gromo da residencia de maiores que provocou o aumento de casos hai varias semanas.

  • Vilalba suma hoxe sete casos novos ata os 115.
  • A Pastoriza rompe hoxe a súa tendencia á baixa e suma un caso novo ata 0s 29.
  • Outeiro de Rei mantén 15 infectados dende onte.
  • Begonte suma un caso novo e chega aos 13.
  • Castro de Rei mantense en 11.
  • Friol baixa un e queda tamén en 11.
  • No veciño Concello das Pontes acelérase o goteo de casos novos e xa son 45, cinco máis que onte.

Centro da provincia

O municipio de Lugo é o máis castigado pola pandemia e volve experimentar un crecemento constante de casos.

  • Lugo conta con 317 casos, 19 casos máis que onte.
  • Palas de Rei ten moita incidencia con 48 casos, 3 máis que onte.
  • Tamén en Monterroso seguen mantendo 10 casos
  • E no Corgo soben 1 e chegan a 11

Comarca de Sarria

Varias celebracións e a incidencia na residencia de maiores provocaron un crecemento descontrolado do virus que salpicou aos concellos da contorna.

  • Sarria conta con 146 casos activos, 2 casos máis que onte e comezando a ralentizar ao aumento.
  • O mesmo gromo de Sarria repercutiu en Láncara, que ten 20 casos (un máis que onte)
  • Tamén volveu a atención ao Incio, onde hai 10 casos dende onte.

Ribeira Sacra

Monforte centralizada o volumen na comarca, tamén con repercusións nos municipios do arredor.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 178 casos, 15 casos máis que onte.
  • Preocupa a situación en Quiroga, onde hai 83 casos, seis máis que onte.
  • Chantada ten 35, un menos que onte.
  • O Saviñao é outro dos afectados con 27 casos, seis máis que onte.
  • Pantón mantense en 21
  • Bóveda tamén ten 12
  • E Sober sobe un ata os 12

Etiquetas