As Pontes anuncia que non haberá desfile pero si outros actos no Entroido

O Concello das Pontes anunciou aos veciños que este ano non haberá desfiles de Entroido por mor da pandemida da covid 19. Aínda así anunciou que se está a preparar un programa de actividades para poder desenvolver a través de outras vías que eviten a expansión do virus.

Nos próximos días o Concello dará a coñecer a programación que se prepará pero adiantan que haberá disfraces unha vez máis. Os actos previstos presentaranse a través das redes sociais do municipio.

Etiquetas