Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

O PSOE de Riotorto pedirá a rebaixa do IBI un 20%

Por 31 Xaneiro, 2021Sin comentarios

Foto de arquivo do PSOE de Riotorto

O Grupo Socialista de Riotorto avanzou hoxe, que rexistrou unha moción que será debatida na vindeira sesión plenaria, coa que reclama modificar o Imposto de Bens Inmobles (IBI) para reducilo dende o 0,65% actual a un 0,45%, “permitindo así aliviar a carga financeira dos nosos veciños no complicado contexto socioeconómico actual no que nos atopamos”.

José García remarca que “nestes intres hai unha boa situación económica no concello, debido a política recaudatoria de Clemente Iglesias que aplicou un aumento de impostos coa subida de case dun 100% na taxa de recollida de lixo, e tamén coa recadación das case mil novas altas derivadas de revisión catastral de bens inmobles” (unha modificación que supuxo unha subida de sesenta euros por cada alta rexistrada).

Así as cousas “dadas as previsións do equipo de goberno do PP que estima que no ano 2021 van recadar por este concepto uns 248.000 euros (cando na época do goberno PSOE/BNG a recadación dos mesmos era de 93.000 euros), aos que ademais habería que sumar arredor doutros 600.000 euros que estarían pendentes de cobro pola aplicación deste tributo con carácter retroactivo durante os catro anos que fixa a lei”.

Reactivación económica

Por todo isto reclamamos ao PP de Riotorto “que apoie as familias e rebaixe este imposto co fin de que podan seguir facendo fronte ás consecuencias da pandemia e ao mesmo tempo contribuír á reactivación económica, especialmente de autónomos e pequenas empresas e negocios da nosa vila”.

Arranxo do Camiño de Mundin

O Voceiro Socialista explicou que rexistrou outra moción coa que demanda ao Concello de Riotorto “que inclúa no Plan Único da Deputación 2021 arranxar a pista que vai dende Mundín ata San Pedro, xa que é o camiño de acceso habitual dos veciños cando se dirixen tanto á igrexa de San Pedro como ao cemiterio parroquial”, explicou.