Organizan unha charla on line sobre reservas vivas

A Asociación Galega de Custodia do Territorio continúa traballando no proxecto Reservas Vivas, co apoio da Fundación Biodiversidad, que ten o obxetivo de “difundir a custodia do territorio como ferramenta participativa para a conservación do patrimonio natural en 4 reservas da biosfera de Lugo, Asturias e León”.

A covid vén de interrompir o programa de charlas divulgativas sobre a custodia no territorio destas reservas, así que apostaron por facelas en formato online. “Sabemos que non é o mesmo pero, facendo da necesidade virtude, contamos que así podan chegar a moita máis xente, incluso alén do ámbito destas reservas”.

A primeira charla será este venres 29 ás 19:00 horas. Jordi Pietx, exdirector da Xarxa de Custodia del Territori de Cataluña, falará do pasado e do presente da custodia do territorio en De los inicios de la custodia del territorio a la década de la restauración ecológica.

Máis información e inscicións en: custodiadoterritorio@gmail.com

 

Etiquetas