Pecha o PAI de Friol por coronavirus

O Concello de Friol pechou o Punto de Atención a Infancia da localidade debido a que se detectou un positivo por coronavirus entre os seus usuarios.

Como informou o alcalde, José Ángel Santos, tomouse esta medida en prevención e desde o Concello procedeuse a axilizar as xestións necesarias para que os servizos sanitarios realizaran os test de maneira inminente aos demais usuarios do centro.

Despois de realizar os test, sóubose que todos os usuarios son negativo, por tanto, como medida preventiva permanecerán confinados ata o vindeiro 4 de febreiro e a partir dese día volverase a activar o servizo do PAI.

Etiquetas