Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

A comarca controla o virus agás en Vilalba e a veciña As Pontes

Por 29 Xaneiro, 2021Sin comentarios

As altas volveron na xornada de hoxe a conter un pouco o aumento de casos activos de coronavirus na provincia. Así, hoxe hai 2.009 casos activos, 31 máis que onte (na xornada anterior foron 24).

Rexistráronse neste tempo 114 contaxios novos (onte foron 130) e continúa á baixa. Pola contra, as altas chegaron ás 7.752, 87 máis que o xoves (o día anterior foron 109). O desproporcionado número de altas volve moderar os datos de casos activos pero axuda o feito de que baixase tamén o número de casos novos, malia ser este aínda moi elevado.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 9.937 casos rexistrados e 168 persoas falecidas contabilizadas na provincia aínda que hai máis que morreron noutras áreas tras seren trasladados. Comunicaron agora cinco falecementos que tiveron lugar nos últimos tres días e que correspondente a unha muller de 91 anos da residencia de Ribadeo e un home de 84 que morreu no seu domicilio. Tamén rexistrouse o deceso dun home de 90 no hospital da Mariña e no Hula tamén morreron dous homes de 75 e 66 anos.

A presión hospitalaria mantense como onte, aínda que hai un caso máis na UCI (16) e un menos en planta (56). A UCI do Hula ten 15, e segue unha no da Mariña. Hospitalizados en planta hai 57 persoas, 32 no hospital de Lugo (1 menos) e 1 no Polusa, 12 na Mariña (1 menos) e 11 en Monforte (1 máis).

Nun percorrido pola provincia, a incidencia do virus continúa na mesma dinámica con baixada de casos na Mariña e crecemento incontrolado en Vilalba, Lugo, Monforte e Sarria. Tamén preocupa a situación en outras vilas como Quiroga, Palas de Rei, O Vicedo ou Láncara.

POR COMARCAS

Terra Chá

Vilalba continúa imparable no seu crecemento de casos mentres A Pastoriza segue na senda da recuperación. Tamén os concellos dos arredores rebaixan a súa incidencia agás Begonte. Nas Pontes aínda non se chegou ao tope.

  • Vilalba segue á alza ata os 159 casos, 11 casos máis que onte.
  • A Pastoriza baixa ata 15, con 2 casos menos.
  • Outeiro de Rei mantén os 16 de onte.
  • Begonte sobre a 18 (un máis) mentres se espera o resultado das probas da corporación municipal.
  • Castro de Rei retrocede ata os 10 (tres menos).
  • Friol retrocede tamén ata os 12 infectados (dous menos).
  • No veciño Concello das Pontes a progresión é á alza e xa son 57 os casos, 4 máis.

A Mariña

Mellora ostensible na Mariña coa práctica totalidade dos concellos rebaixando casos activos e incidencia.

  • Novo descenso de casos en Viveiro, que se coloca en 166, 14 menos.
  • Xove mantense no camiño da rebaixa de casos con 41.
  • Burela tamén baixa dende onte cinco casos e queda en 35.
  • No Vicedo o gromo non está controlado e sobe dous casos ata os 35 de hoxe.
  • Cervo tamén ponse á baixa con 17 casos, dous menos.
  • Nova rebaixa de casos en Ribadeo con 6 menos e un total de 21.
  • Foz volve rebaixar en dous ata 10 infectados.
  • Riotorto tamén rebaixa un caso con 12 en vixilancia.
  • Só Alfoz non ten casos novos nos últimos quince días.

Centro da provincia

O municipio de Lugo é o máis castigado pola pandemia e volve experimentar un salto no crecemento constante de casos.

  • Lugo conta con 402 casos, 20 casos máis que onte, o día anterior sumou 28.
  • Palas de Rei segue a tendencia ao crecemento con 9 casos novos e un total de 66.
  • En Monterroso sobe un máis e a incidencia é de 10.
  • E no Corgo manteñen 12.
  • A zona da Montaña rexistra varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

A vila de Sarria segue en crecemento de casos afectando a algúns dos concellos da contorna.

  • Sarria conta con 162 casos activos, 5 casos máis que onte.
  • O mesmo gromo de Sarria repercutiu en Láncara, que se mantén en 22.
  • Paradela mantén os 14 casos e o Incio, 10.
  • Triacastela e O Páramo non teñen contaxios novos nos últimos quince días.

Ribeira Sacra

Monforte centralizada o volumen na comarca e superando as dúas centenas, tamén con repercusións nos municipios do arredor. Preocupa a incidencia en Quiroga, que supera os cen casos.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 211 casos, 12 casos máis que onte.
  • Quiroga segue descontrolada con 112, 9 máis que onte.
  • Chantada ten 52, 4 máis que onte.
  • O Saviñao é outro dos afectados con 31 casos, 2 máis.
  • Pantón mantén os 23.
  • Ribas de Sil baixa 2, aos 14 casos.
  • Sober mantense en 12.
  • Bóveda baixa 2 ata 10.