Skip to main content
As Pontes

O Concello das Pontes opta por un concurso de disfraces on line

Por 29 Xaneiro, 2021Xaneiro 31st, 2021Sin comentarios

Este ano, debido á situación sanitaria non están permitidos os desfiles de Entroido e desde o Concello das Pontes veñen de anunciar a celebración dun concurso cun novo formato que permitirá manter a participación cidadá sen poñer en risco a saúde da veciñanza e cumprindo con todas as medidas sanitarias.

Trátase dun concurso de disfraces on line con dous formatos, vídeo e fotografía, con catro categorías: Xermolos (pequenos), Nabizas (infantil), Grelos (adultos) e Mada (unidade familiar) nas modalidades individual, parella convivente e unidades familiares (mínimo 3 persoas conviventes).

Un xurado profesional escollerá os mellores disfraces de cada categoría e as persoas premiadas recibirán vales trocables no comercio e a hostalaría local.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse, tras a publicación das bases do concurso, no Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica.