Skip to main content
As Pontes

Endesa aposta por unha planta de hidróxeno como proxecto de futuro

Por 31 Xaneiro, 2021Febreiro 12th, 2021Sin comentarios

Central das Pontes

Endesa construirá nas Pontes a súa maior planta de hidróxeno en España, con 100 MW de potencia, e seis parques eólicos, con outros 611 MW, por un investimento total de 738 millóns de euros, tal e como anuciou na Mesa de Transicón Xusta. A planta levantarase nunha superficie próxima á súa central na localidade e na obra, entre xaneiro de 2023 e decembro de 2024, traballarán unhas 120 persoas.

A empresa explica que investirá 127,2 millóns nun gran electrolizador para fabricar hidróxeno.

A instalación das Pontes terá unha produción anual de 10.000 toneladas, cun funcionamento do electrolizador de 5.800 horas, equivalentes a nove meses. A produción de hidróxeno renovable evitará a emisión á atmosfera de 37.758 toneladas de CO2 por ano, e o aforro de enerxía primaria estímase en 18.640 toneladas equivalente de petróleo por exercicio.

A compañía avisa de que o proxecto é unha iniciativa que carece de viabilidade comercial polo estado do mercado e da tecnoloxía, razón pola que precisa apoio público; de feito, xa solicitou fondos europeos para garantir a súa viabilidade. Neste sentido, o Goberno anunciou axudas por 1.500 millóns para hidróxeno ata 2023.

PARQUES EÓLICOS

En paralelo a estes traballos, entre xullo de 2023 e decembro de 2024, Endesa levantará nas proximidades das Pontes seis parques eólicos que sumarán 611 MW. A construción xerará 1.600 empregos durante eses 18 meses, cun investimento de 611 millóns, o que eleva o investimento total do proxecto ata os 738,2 millóns.

Aproveitarase a enerxía eléctrica dos parques eólicos vinculados para transformar auga en hidróxeno por medio de electrólise. A instalación contará tamén con sistemas de almacenamento, así como de distribución, do combustible resultante. É dicir, Endesa producirá o combustible e ocuparase da súa loxística e transporte.

A planta de hidróxeno situará As Pontes uno dos focos do proceso de transformación que está a vivir o sector enerxético, xa que o proxecto será unha referencia internacional polo combustible, polo tamaño e pola tecnoloxía.

A elección das Pontes inscríbese no Plan Futur-e, o paquete de medidas que Endesa aplicará para mitigar o cesamento de actividade na central térmica de carbón, que negocia co Goberno central, a Xunta de Galicia e os sindicatos. Estes últimos defenden que a térmica podería reconverterse para consumir biomasa, mentres que Endesa considera que é económica e ambientalmente inviable.

As Pontes, ademais, posúe os recursos naturais (auga e vento), as infraestruturas enerxéticas e a cultura industrial que se necesitan. O proxecto forma parte da vintena de iniciativas para o desenvolvemento do hidróxeno verde en España que Endesa presentou o Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, entre as que destacan as destinadas ás illas Canarias e Baleares.

BIOCOMBUSTIBLES

Mentres tanto, administracións e sindicatos apostan polos biocombustibles como futuro inmediato da fábrica e entenden que deben centrarse en darlle viabilidade económica a este proxecto ou mesmo que atope un inversor que o faga.

Foron moitas as voces que se alzaron mentres Endesa permance en silencio sobre as probas realizadas unha vez que fixo público uns resultados negativos fai unha semana.