Skip to main content
A Pastoriza

A próxima semana realizarase a recollida de plásticos agrícolas na Pastoriza

Por 3 Febreiro, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Concello da Pastoriza realizará entre os días 9 e 11 de febreiro a recollida de plásticos de procedencia agrícola.

Para a prestación deste servizo utilizarase un camión que pasará por aquelas explotacións agrícolas que así o demanden chamando ao teléfono 982 332 197.

Os solicitantes deberán seguir unha serie de normas para a súa recollida. De feito, os plásticos deben estar depositados en puntos de fácil acceso para o camión, atados e pregados. Por seguridade, deberán estar apartados do tendido eléctrico e dos árbores que poidan dificultar o movemento da pluma para a carga. No deben levar arames, terra ou area.