Skip to main content
Begonte

10.298 internautas visitaron o Belén de Begonte

Por 4 Febreiro, 2021Febreiro 12th, 2021Sin comentarios

Belén de Begonte

No pasado Nadal, un total de 10.298 internautas consultaron a web www.belendebegonte.es, onde se reflectiu a especial actividade do tempo O Nadal en Begonte. O período mencionado comprende desde o quince de decembro, punto de partida desta edición do Belén, ata o final do pasado mes de xaneiro.

Ademais destas visitas aos contidos da páxina, hai que engadir as visualizacións a través das redes sociais do Pregón virtual do Belén (150) e do Belén virtual (954).

Esta edición número XLIX do Belén de Begonte e as súas actividades, especialmente virtuais pola situación de pandemia que sufrimos, aínda non ten rematado senón que, fallados días pasados os habituais Certames culturais (Nacional de Poesía, de Xornalismo, de Debuxo Infantil e Certame Galego de Arte), falta facer a entrega dos correspondentes premios que deberá efectuarse, así mesmo, de xeito virtual.

Por outra parte, O Centro Cultural José Domínguez Guizán, entidade promotora do Belén, está xa a traballar na edición do presente ano, que será a edición número CINCUENTA, e coincidirá coas celebracións do Ano Santo Compostelano, tendo que recordar que o Belén está encravado á beira do Camiño Norte.

O Centro Cultural quere agradecer de xeito moi especial aos medios informativos a súa atención e dedicación, especialmente valiosa neste tempo tan difícil, que constituíu acicate e ánimo para o labor de impulsar o Nadal begontino que ten por centro o Belén, destacando así mesmo o continuo apoio do Concello de Begonte e da Xunta de Galicia.