Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

As altas provocan un novo descenso dos casos activos

Por 5 Febreiro, 2021Febreiro 8th, 2021Sin comentarios

Gráfico da incidencia na provincia

A provincia de Lugo recupera hoxe a senda do control do virus cun novo descenso de casos activos, tras a subida de onte. Así, este venres os casos activos sitúanse en 2.023, que son 81 menos que onte. Na xornada anterior o ascenso foi de 12.

Rexistráronse nas últimas 24 horas 73 casos novos (onte foron 102) e as altas chegaron ás 8.474, 163 en 24 horas, o día anterior foron 92. É sen dúbida unhas das maiores cifras de altas nunha mesma xornada que se dan ata o de agora.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 10.681 casos rexistrados e 178 persoas falecidas, 1 máis que onte, un usario da residencia de Sarria de 85 anos.

Pola contra, a presión hospitalaria mantense. Empeora na UCI e baixa en planta. En Coidados Intensivos hai unha persoa máis, 27, dúas delas na Mariña, o resto no Hula. Hospitalizados en planta hai 64 persoas (1 menos), 28 no hospital de Lugo (2 máis), 5 na Mariña (3 menos) e 21 en Monforte. O Polusa dá de alta ao enfermo que tiña ingresado.

POR COMARCAS

Terra Chá

Vilalba sugue á baixa mentres o resto de concellos da contorna tamén optan pola baixada de casos ou memos por manterse, agás Guitiriz, que é o que máis sobe, con 5 casos novos.

  • Vilalba segue á baixa con de casos con 179, 9 menos que onte.
  • A Pastoriza cae aos 10 casos, 2 menos.
  • Outeiro de Rei mantén 17.
  • Begonte mantense en 19.
  • Castro de Rei sobe 1 máis ata 21.
  • Friol queda en 14 contaxiados, dous menos.
  • Abadín volve a ter menos de 10
  • Guitiriz sobe 5 máis nun día e xa son 15.
  • Pol está sen casos novos nos últimos quince días.
  • No veciño Concello das Pontes volven frear os contaxios en 68 (dous menos).

A Mariña

A covid continúa en remisión na comarca con todos os concellos rebaixando a incidencia ou manténdoa.

  •  Viveiro segue á baixa con 103, 6 menos.
  • Xove rebaixa ata 18 (4 menos).
  • Burela volve baixar e queda en 30, con 5 casos menos.
  • Boas novas para O Vicedo, que rebaixa 1 queda con 23 enfermos.
  • Cervo mantense en 12.
  • Ribadeo tamén rebaixa 1 ata 23 (3 menos).
  • Foz é o único que suma, 1 caos, e queda en 11 contaxiados.
  • Riotorto rebaixa a súa incidencia por debaixo dos 10 casos.

Centro da provincia

Baixada importante en Lugo mentres o resto seguen a mesma tendencia agás Becerreá e Castroverde.

  • Lugo conta con 425 casos, 21 menos que onte.
  • Palas de Rei sengue na senda da rebaixa de casos con 2 menos e 55 en total.
  • Monterroso rebaixa 1 ata 15.
  • O Corgo ponse xa por debaixo dos dez casos.
  • Becerreá suma 1 casos ata 11.
  • Castroverde suma un positivo e son 17 en total.
  • A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

Mellora a situación na comarca son só tres concellos no punto de mira.

  • Sarria rebaixa a 165 contaxios, 9 menos.
  • Láncara mantén 19.
  • Paradela rebaixa 2 ata 14 casos.

Ribeira Sacra

Monforte rompe a tendencia á baixa sumando 10 casos novos nunha xornada. Pero non é o único, tamén sobe a incidencia en Pobra de Brollón, Pantón e Sober. Quiroga segue respirando.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 230 casos, 10 máis que onte.
  • Quiroga rebaixa da centena con 95, 8 menos que onte.
  • Chantada mantense en 49.
  • Taboada baixa un caso para chegar a 10.
  • O Saviñao rebaixa 1 e ten 29 contaxios.
  • Pantón sobe 3 ata 28.
  • Ribas de Sil rebaixa 2 ata 12.
  • Pobra do Brollón sobe 2 e tamén ten 12.
  • Sober volve subir ata os 11 casos.