Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O Concello de Outeiro comeza o proceso de expropiación para facer unha senda ata Bonxe

Por 8 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei deu luz verde á creación dunha senda peonil de para bicis dende a estrada de Castro ata Bonxe. Trátase dunha nova iniciativa para completar a oferta da que dispón o Concello. Esta senda require nun primeiro momento do proceso de expropiación.

A Xunta de Goberno Local de Outeiro publicou unha listaxe de terreos que se deberán expropiar para a construción desta senda, todas elas categorizadas como solo de núcleo rural. Trátase de oito fincas, unha en Veiga, outra en Monte da Anguela e o resto en Matela. O custe total será de 15.720 euros por un total de afectando a máis de mil metros cadrados.

O camiño Municipal que vai desde a estrada de Castro LU-115 ata a prisión de Bonxe ten unha beiravía variable igual ou inferior a 50 cm que dificulta que os viandantes e ciclistas poidan circular polo mesmo sen entorpecer o tráfico. A estrada é utilizada por un gran número de viandantes e ciclistas e un elevado número de vehículos pesados transitan diariamente pola mesma cara a unha industria existente, co que a coexistencia de vehículos e bicicletas ou viandantes faise complicada.

Coa actuación que se propón no presente proxecto, non se mellorará o trazado dos viais municipais existentes, senón que só trátase de realizar unha ampliación da sección transversal para albergar a senda peonil que se pretende construír.

A senda, que discorrerá dende a estrada de Castro LU-115 ata a prisión de Bonxe ten unha lonxitude total de 1.247 m cun ancho de 2,50 m. Desde o inicio ata o p.k. 0,690 a senda discorrerá por unha zona industrial e desde aí ata o p.k. 1,247 a senda discorrerá por chan de núcleo rural.

Coa actuación que se propón no presente proxecto, non se mellorará o trazado dos viais Municipais existentes, senón que só trátase de realizar unha ampliación da sección transversal para albergar a senda peonil que se pretende construír.

As obras a realizar consistirán en movemento de terras, drenaxe lonxitudinal e transversal da ruta, asfaltado e sinalización.

O proxecto para esta obra presenta un prazo de execución de tres meses e un orzamento de 96.712 euros.