Skip to main content
As Pontes

As Pontes recupera o servizo de entrega de alimentos e medicamentos a persoas confinadas

Por 9 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello das Pontes, debido á actual situación sanitaria ante a posibilidade de que haxa persoas confianadas que non poidan saír a realizar compras de produtos esenciais, reactiva o servizo de entrega de alimentos e medicamentos a domicilio.

As persoas que se atopen nesta situación (confiandas e sen red de apoio familiar ou de amizades) poden poñerse en contacto co departamento de Benestar Social, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas, para solicitar este servizo.