Carreira popular Guitiriz Termal (SUSPENDIDO)

O 5 Abr 2020 Axenda

O 5 de abril celebrarase a XII Carreira popular Concello de Guitiriz Termal, que contará tamén cunha andaina con dous percorridos diferentes.

A proba comezará ás 10.30 horas coa saída das dúas andainas, a de maiores de 16 anos, que ten un percorrido de nove quilómetros, e a dos menores, con menos dificultade.

A partir das 11.30 horas darán a saída as distintas carreiras comezando polos biberóns, que percorrerán 200 metros. Na categoría seguinte, sub-10 e sub-12, a saída está prevista para as 11.40 cun percorrido de 800 metros.

Os sub-14 e 2ub-16 sairán á mesmo hora que a absoluta pero farán 2.600 metros, mentres que os maiores percorrerán o dobre, 5.200 metros.

Todos os percorridos terán saída e chegada ao campo da feira. O prazo de inscrición estará abertto ata o 2 de abril na páxina web de championchipnorte.com. A inscrición para a andaina será de tres euros para os maiores e de balde para os menores de 16 anos. Unha vez pasado o día 2 cobrarse 5 euros para os maiores e 3 para os pequenos.

Nas carreiras o prezo de inscrición para as categorías menores tamén será de balde a través da web e a 3 euros se se fai de forma presencial. Os maiores terán unha taxa de 5 euros de inscrición e 1 euro de aluguer de chip e de dez se a fan o mesmo día da carreira.

Esta competición terá un cariz solidario polo que un euro destinarase a SOMOS Unidos polo Cancro.

Recibirán como premio trofeos ou medallas para os primeiros clasificados agás os biberóns que terán todos mella. Ademais haberá un pequeno agasallo para todos os participantes.