Conferencias sobre a vespa velutina

Do 13 Feb 2020 ao 29 Feb 2020 Axenda

A asociación Serra da Carba organiza coa colaboración do Concello de Vilalba unhas xornadas polas parroquias para informar sobre a vespa velutina, concienciar á poboación, dar a coñecer o ciclo biolóxico da velutina e a mellor maneira de erradicar esta problemática.

Nestas charlas informativas ás que poderán asistir as persoas que o desexen, repartiranse tamén trampas e o líquido atraínte para uso e control da plaga.

As charlas terán o seu inicio hoxe xoves 13 de febreiro, na Escola Habanera de Santaballa a partir das 20.30 horas. Ademais, o mañá venres estarán na Escola de Belesar.

A próxima semana tocaraelles visitar Torre, PEdragosa, Goiriz e Nete de mércores a sábado, respectivamente. Finalmente, o mércores 26 estarán na Escola de Corvelle, o 27 na de Árbol e o 28 rematarán o ciclo no Centro Cultural e Recreativo.

Todas as charlas serán ás 20.3o horas.